asunto: ALEGACIONS A PROPOSTA DE NOVA LEI DE CAZA.
 

 Boas tardes, 
     En primeiro lugar permitáseme presentarme: o meu nome é Jacob Del Río Viñas e son Secretario da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Boa (en Noia, A Coruña) e avogado en exercicio.
     Escribo estas liñas para facervos chegar un breve escrito que presentarei no trámite de audiencia concedido para facer alegacións ó borrador de lei de caza de galicia.
     Considero que resulta de interese a todas as comunidades de montes veciñais pois moitas veces os TECORes consitúense sobre terreos mancomunados sin que a comunidade veciñal dé sequera o seu consentemento; pero ademais, considero que non se pode levar a cabo un aproveitamento do monte por terceiros e que en todo caso, debe ser a comunidade veciñal a que ceda o aproveitamento cinexético que ó fin e ó cabo, é un aproveitamento máis do monte veciñal e a ela lle corresponde.
     Por eso vos fago chegar este pequeno escrito de alegacións para que lle dedes publicidade si o estimades oportuno e as comunidades interesadas o coñezan e si están de acordo fagan chegar un borrador de similares características.
 
      Sen máis, gracias pola atención e reciban un cordial saúdo.
 
Lic. Jacob Del Río Viñas.
Col. 4671 ICACOR.